CRTVG

Buscar

A localidade navarra de Orkoien rexeita a agresión sexual contra unha veciña

Publicado o 06/01/2020 17:11

Fronte ao concello de Orkoien os veciños concentrábanse esta mañá para mostrar a súa repulsa ante un novo caso de violencia sexual en grupo. Ocorría en novembro nesta localidade navarra, cando foi denunciado o caso pola vítima, unha muller maior de idade, pero non foi ata hai uns días que a policía foral detiña sete homes supostamente involucrados nesta agresión sexual. Tres deles xa ingresaron en prisión e dous quedaron en libertade sen cargos por orde do Xulgado de Instrución número 1 de Pamplona.

De acordo coa denuncia da vítima, ela quedou cun rapaz en Orkoien a través dunha rede social de relacións, pero en vez dun apareceron sete homes e non puido facer nada para evitar a agresión. As probas médicas posteriores aos feitos constataron a violación grupal.

A investigación segue aberta e o Goberno de Navarra anunciou que se vai presentar na causa.

Noticias web

06/01/2020