CRTVG

Buscar

A listeriose por carne mechada chegou a Alemaña da man dun mozo sevillano

Publicado o 03/09/2019 18:14

A carne mechada infectada por listeriose chegou a Alemaña da man dun mozo sevillano, concretamente á localidade de Lahr.

O pasado mes de agosto Simeón Gallego mercou carne mechada da empresa La Mechá para levala a Alemaña, onde vive a súa parella, e consumila nunha festa familiar. Días despois, as seis persoas que a consumiron comezaron a notar os síntomas da enfermidade. El non soubo o motivo ata que volveu a España e viu as informacións sobre a crise da listeriose. Todos se recuperaron ben. A súa parella é a única que aínda está a tratamento.

Noticias web

03/09/2019