CRTVG

Buscar

A lista de vítimas dunha suposta estafa de seguros en Tui non para de medrar

Publicado o 11/06/2019 18:06

Polo momento hai uns trinta afectados, pero a lista non para de medrar. Son vítimas unha suposta estafa de seguros en Tui. Nas últimas horas algúns deles buscaban máis informacion en dependencias da Garda Civil de Tui ou nas compañías aseguradoras coas que supostamente tiñan as polizas que non formalizou o presunto autor da estafa. Todos eles sorprendidos e, ao tempo, alividaos, porque a súa situación de irregularidade puido ter consecuencias máis graves.

O presunto autor desta estafa é un veciño de Tui. Un axente mediador de seguros detido pola Garda Civil que permanece en liberdade provisional con cargos por decisión xudicial. Segundo se desprende da investigación, cobraba en metálico polizas de seguro que non chegaba a formalizar e quedaba cos cartos. Tamén está acusado de falsidade documental.

A denuncia presentada pola propietaria dun establecemento en Tomiño, que sufriu un sinistro e non tiña seguro, foi a orixe desta investigación da Garda Civil, que continúa aberta. A policía xudicial aconsella verificar a vixencia dos seguros a calquera persoa que teña dúbidas. Nas súas dependencias en Tui, os afectados poden presentar denuncia para regularizar a súa situación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019