CRTVG

Buscar

A lista de países aos que a UE abre as súas fronteiras inclúe A China e Marrocos e exclúe os Estados Unidos e Rusia

Publicado o 30/06/2020 15:29

A Unión Europea reabre mañá as súas fronteiras a quince países, unha lista na que non están os Estados Unidos, Rusia nin O Brasil. Bruxelas quixo consensuar esta decisión con todos os membros.

Croacia, que exerce ata finais de mes a presidencia da Comisión, deu de prazo ata este mediodía para que os estados membros lle desen o visto e prace a esa lista de países seguros aos que a Unión Europea lles abrirá mañá as súas portas.

Entre eles están O Canadá, A China, Corea do Sur, Marrocos e Alxeria. Quedan fóra outros aínda moi castigados pola pandemia, como os Estados Unidos, Rusia, O Brasil e a maioría dos países latinoamericanos.

Esta lista revisarase cada quince días para analizar a evolución da situación sanitaria. A iniciativa é conxunta, pero non deixa de ser unha recomendación, xa que cada estado pode aplicar as súas restricións nas súas fronteiras exteriores da Unión.

Noticias web

30/06/2020