CRTVG

Buscar

A liña Vigo-O Porto contará con mellores trens este verán

Publicado o 22/03/2021 15:07

Está pendente a mellora da rede ferroviaria entre Vigo e O Porto. En poucos meses, debería contar con máis frecuencias e tamén trens máis actuais. As obras que permiten esta modernización rematan nuns días en Portugal. Pero, na parte galega, dependente do Estado, faltan uns detalles.

Dende o ADIF explican que están pendentes do visto e prace da Axencia de Seguridade Ferroviaria e, unha vez o teñan, esperan que en poucos meses a viaxe entre Vigo e O Porto non será máis áxil pero si se poderá facer en trens máis modernos e tamén aumentará a frecuencia do servizo, que no Porto chega á estación de Campanha.

Hai que matizar que esta mellora non ten nada que ver coa alta velocidade anunciada, para iso aínda falta. Este acondicionamento da vía responde a unha antiga esixencia dos usuarios, porque o chamado tren Celta está tremendamente desfasado. 

Noticias web

22/03/2021