A liña de ferrocarril Vigo-O Porto recupera frecuencias
Publicado o 06/10/2021 16:52

O domingo 17 de outubro Vigo e O Porto recuperan as súas 4 conexións ferroviarias diarias. O chamado tren Celta que chega e sae desta estación de Campanha volverá ter as mesmas frecuencias que antes da pandemia, e ademais hai que lembrar que os trens dende hai unhas semanas son máis cómodos e modernos.
Tanto Renfe como Convoios de Portugal farán ademais descontos especiais para reactivar esta liña. Poderase ir de Vigo ao Porto por 5 euros ou desde Santiago por 10.