CRTVG

Buscar

A limpeza é clave para evitar incendios nas chemineas

Publicado o 21/10/2019 19:30

Manuel é desenfeluxador profesional. Coa chegada do frío percorre moitas vivendas galegas poñendo a punto as chemineas, co obxectivo de evitar avarías e incendios.

O inverno pasado en Galicia ardeu unha cheminea cada día, segundo un informe do 112. Para evitar que esta parte da casa se incendie, ademais da limpeza, é importante empregar só materiais combustibles axeitados.

En pouco máis dunha hora está feita a posta a punto da cheminea. Un traballo que, segundo din dende o sector, debe estar profesionalizado, e realizarse con seguridade e garantías.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/10/2019