CRTVG

Buscar

A Limia, a zona máis fría, con -11,8ºC en Calvos de Randín

Publicado o 14/01/2021 15:20

A néboa e o frío resístense a abandonar a comarca da Limia. Con menos xeadas, pero de novo temperaturas baixo cero e coa mínima de Galicia en Calvos de Randín, rozando os 12 graos negativos.

"É unha zona bastante fresca, é o que hai". "Fixo moito frío, é o que hai aquí, no inverno". "Saír pasear, volverse meter na casiña é o que hai que facer", din os veciños en Xinzo de Limia.

Tempo xélido sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense. Frío tamén nas cidades. Lugo cerca dos -2 e Ourense hoxe con -3 e néboa tamén. Despois de tantos días de friaxe. toca tomalo con humor.

"Acostumados, nunca se acostuma un, pero si máis acostumados ca noutras latitudes, sobre todo na costa, si que estamos". "Así estamos curtidiñas". "Supoño que non facer en agosto, non? en Ourense foi sempre igual. En Ourense o problema non é o frío, é a humidade", aseguran os veciños en Ourense.

O frío tremendo, hoxe creo, hoxe vai un pouquiño menos, pero chégalle, as xeades descomunais", din os veciños. -9 en Baltar ou -6 en Xinzo e tamén xeadas en Monforte, onde a temperatura quedou nos 5 graos e medio baixo cero.

"Pero se vés ben abrigadiño ben, pero vai frío baixaron moito as temperaturas". "O frío tremendo, hoxe creo, hoxe vai un pouquiño menos, pero chégalle, as xeades descomunais", din os veciños. 

Xa sen aviso amarelo no sur da provinica de Ourense, seguirá o tempo frío de xaneiro, pero a situación semella que comeza a normalizarse.

Noticias web

14/01/2021