CRTVG

Buscar

A Liga xogarase a porta pechada dúas xornadas

Publicado o 10/03/2020 12:21

• A Liga basea a súa decisón nos informes do Ministerio de Sanidade e das consellerías autonómicas

A Liga xogarase a porta pechada dúas xornadas

LaLiga comunica oficialmente que os partidos de Primeira e Segunda xogarase a porta pechada as próximas dúas xornadas. Esta decisión comeza o 13 de marzo co Real Madrid-Eibar e o Racing-Lugo.  

LaLiga baseou a súa decisión nos informes achegados polo Ministerio de Sanidade e polas diferentes consellerías autonómicas.

LaLiga, alongará todo o que sexa necesario a decisión de que os partidos se xogan sen público. As medidas adoptadas hoxe manteranse ata nova orde gobernamental.

Nesta xornada o Celta xogará sen público ante o Vilarreal e o Deportivo ante o Sporting en Riazor.

 

Noticias web

10/03/2020