CRTVG

Buscar

A Liga volverá o 11 de xuño co derbi sevillano

Publicado o 30/05/2020 13:32

Á espera de coñecer máis detalles do calendario, o Consello Superior de Deportes deu luz verde á reanudación da liga o vindeiro día once de xuño co derbi entre o Sevilla e o Betis no Sánchez Pizjuán. En pouco máis dun mes disputaranse once xornadas en primeira e segunda división, para acabar, se todo vai ben, na fin de semana do 18 e 19 de xullo. Así o anunciou o Presidente da Liga de Fútbol Profesional, Javier Tebas, quen falou do grande traballo que se fixo para facer posible a volta do campionato.
Un traballo organizativo moi costoso, con cambios importantes e que, segundo Javier Tebas, terá a súa culminación cando se inicie a vindeira temporada. O presidente da Liga avanzou a data do 12 de setembro para o comezo da competición correspondente á temporada 2020-2021.
E ollo, porque se a evolución da pandemia o permite, a vindeira liga podería iniciarse con público. Comezando, iso sí, cun 30 por cento de aforo que iría aumentando progresivamente co paso dos meses.

Noticias web

30/05/2020