A Liga rexeita a proposta da Federación dunha Segunda de 24 equipos
Publicado o 14/08/2020 16:16
A Liga de futbol profesional contestou. E non quere unha liga de vinte e catro equipos en segunda división.
A Liga rexeita a proposta da Federación, que apostaba por manter o Deportivo e o Numanca na categoría. A liga entende que tería que producirse unha modificación de estatutos. A Liga non levará a proposta a unha asemblea con votación. Fala, ademais, dun perxuízo económico para os competidores. E xorden as dúbidas.
A Liga domina o fútbol profesional. A Federacion é a que organiza as competicións. E o Consello Superior de Deportes é a máxima autoridade do deporte en España. Ao non haber acordo entre Federacion, Consello e Liga, a vía xudicial achegará a solución.