CRTVG

Buscar

A Liga reiníciase o 11 de xuño co derbi entre o Sevilla e o Betis

Publicado o 29/05/2020 16:41

• Concluirá a fin de semana do 18-19 de xullo, segundo informa o CSD

A Liga reiníciase o 11 de xuño co derbi entre o Sevilla e o Betis

O Grupo de Contacto formado polo Consello Superior de Deportes (CSD), a Real Federación Española de Fútbol (RFEF) e LaLiga acordou o calendario das 11 xornadas restantes da máxima categoría do fútbol español, que se reiniciará o xoves 11 de xuño co derbi entre Sevilla e Real Betis e concluirá a fin de semana do 18 e 19 de xullo.