CRTVG

Buscar

A Liga pídelle ao Deportivo que os xogadores pasen os test PCR

Publicado o 02/08/2020 22:54

O club respondeu lembrando a resolución do Comité de Competición da RFEF que desestimaba a petición do Fuenlabrada de disputar o partido da xornada 42.

E referido a toda esta lea, temos que comezar este tempo de deportes cunha nova que se coñeceu hai uns minutos. A Liga segue co seu acoso e pídelle ao Deportivo que este luns faga os test PCR.

Na súa pretensión de que se dispute o encontro ante o Fuenlabrada, a entidade presidida por Javier Tebas insiste en aparentar unha normalidade que non existe, simplemente tendo en conta os expedientes abertos e os prazos para recursos. 

Non tardou en chegar a resposta do Deportivo, que lle enviou un correo ao inspector da Liga recordándolle a resolución do Comité de Competición da RFEF que desestimaba a petición do Fuenlabrada de xogar o partido o día 2.

O club, di, está pendente da decisión do Comité de Seguemento da COVID-19, do que forman parte a Liga, a RFEF e o Consello Superior de Deportes, unha vez oídas as autoridades sanitarias. Lembra o Deportivo que a competición en Segunda está paralizada e que a súa petición é repetir íntegramente a xornada 42.

Sinala o Deportivo que as probas médicas non teñen obxecto ao non estar fixado partido algún e pídelle ao inspector que reconsidere a súa decisión. O club adxunta ademais a resolución do Comité de Competición.

 

 

Noticias web

02/08/2020