CRTVG

Buscar

A Liga ordena pasar o test PCR ao Deportivo o vindeiro martes

Publicado o 26/07/2020 10:24
A Liga ordena pasar o test PCR ao Deportivo o vindeiro martes

Segundo comunicación recibida polo Deportivo os xogadores e o corpo técnico terá que pasar o test PCR o vindeiro martes. Así o fixo saber a Liga de Fútbol Profesional ao club, requisito previo antes de xogar un partido. 

Lembremos que a primeira data que dera a LFP para a disputa do Deportivo - Fuenlabrada era o xoves 30 de xullo para así poder comezar a fase de ascenso a primeira fin de semana de agosto. 

O rival, o CF Fuenlabrada ten 28 persoas entre xogadores e corpo técnico infectadas pola COVID19 e, en ningún caso podería presentarse a xogar ese partido na data inicialmente prevista. Sen embargo podería ser o primeiro paso dado pola Liga para activar a continuación do campionato. 

A comunicación da Liga está en mans da asesoría xurídica do club coruñés.