CRTVG

Buscar

A Liga insta os clubs a presentar ERTE por causa de forza maior

Publicado o 03/04/2020 19:50


A Liga recoméndalles aos clubs presentar ERTE por causa de forza maior. E todo porque as posturas entre a Liga e o sindicato de futbolistas están moi distantes. A patronal pedía rebaixar os salarios nun 20% en caso de cancelación da liga. O sindicato de futbolistas esixe unha rebaixa de entre un 8 e un 10%. Ante esta situación, a Liga recomenda aos clubs acollerse a estes expedientes de regulación de emprego para minimizar o impacto económico e garantir a súa posterior recuperación.

Noticias web

03/04/2020