CRTVG

Buscar

A Liga fai públicos os topes salariais

Publicado o 13/09/2018 21:33

Son os cartos que os clubs poden empregar para deseñar o seu cadro de xogadores. Nesa listaxe dada a coñecer hoxe chama a atención a posición do Celta, décimo terceiro con algo máis de 50 millóns, moi lonxe da cabeza da táboa, pero tamén do sétimo, o Betis, co dobre de presuposto. Na Segunda, o Deportivo é terceiro, con 18 millóns e medio, e o Lugo, décimo sétimo con 5. 

A Liga acaba de facer pública unha das informacións máis importantes da temporada. O dato que define o potencial de cada equipo. Os cartos que poden investir os clubs nos seus cadros de xogadores, o tope salarial fixado pola Liga para cada conxunto. E na primeira división sorprende a posición do Celta, na décimo terceira posición con algo máis de 50 millóns de euros, por debaixo de conxuntos como, por exemplo o Leganés ou o Levante. Moi lonxe do Barça e o Madrid, que como era de prever, lideran a clasificación tamén neste apartado, pero tamén do Betis, 7ª nesta táboa, con case o dobre de cartos para investir en xogadores.

Na Segunda División, as cifras son moi distintas, por exemplo, o Deportivo é o terceiro club cun maior tope salarial por detrás do Málaga e das Palmas con 18 millóns. Moitos máis apuros ten o Lugo que con 5 millóns só ten a 5 equipos por debaixo. Así se explica que para cumprir coas esixencias da Liga 9 xogadores do plantel tiveran que baixar o seu salario.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2018