CRTVG

Buscar

A Liga empeza este mércores cos 45 minutos restantes do suspendido Raio-Albacete

Publicado o 09/06/2020 21:23

A Liga empeza con medio partido. O Raio-Albacete que quedara suspendido ao descanso con empate a cero, despois de que o fondo de Vallecas lle chamara "nazi" a Zozulia. Os seareiros non estarán mentres que o xogador ucraíno do Albacete seguramente forme parte do equipo que saque Lucas Alcaraz. Un equipo de dez xa que o Albacete xogaba cun menos, por expulsión. O propio Alcaraz nin sequera era o adestrador daquela. Estraño é dicir pouco.

Lucas Alcaraz, adestrador do Albacete: "En vez de dar un once inicial, dás un dez inicial, vés de estar tres meses parado, sen unha pretemporada ao uso e sen público. Non creo que haxa nada na historia nin parecido".

Na outra área técnica Paco Jémez buscará unha vitoria que achegue o Raio a zona do 'playoff'. Van pelexar polo ascenso

Advíncula, Raio Vallecano: "Imos matarnos porque o Raio volva estar onde nunca debeu deixar de estar"

Os madrileños teñen que pasar por Riazor. E os manchegos suman os mesmos puntos que o Deportivo. A liga de Segunda quedará actualizada unha vez remate este Raio-Albacete, que comezou hai case seis meses. O partido máis longo da historia do fútbol español.


 

Noticias web

09/06/2020