CRTVG

Buscar

A Liga e a Federación achegan posturas a instancias do CSD

Publicado o 19/04/2020 18:59

Hai demasiados cartos en xogo. O fútbol español supón case un un e medio por cento do Producto Interior Bruto do Estado. Así que, mans á obra. Paso adíante do Consello Superior de Deportes, que impulsou unha xuntanza cos irreconciliables Rubiales e Tebas que durou oito horas. Non foi en vano. Limáronse asperezas, aclaráronse protocolos e chegouse a un acordo para, sempre seguindo as instruccións das autoridades sanitarias, intentar acabar a temporada. O calendario está cada vez máis perfilado. O primeiro obxectivo é iniciar os adestramentos individuais. Iso podería producirse durante a primeira quincena de maio. Desde ese intre, hai que contar cinco semanas, aproximadamente, para que se xoguen partidos. A liga en primeira e segunda división volvería, nese escenario, ao longo do mes de xuño. Habería que disputar once xornadas antes do final de xullo. Se iso é posible, no mes de agosto disputaríanse a Champions e a Europa League, aínda que a UEFA prioriza a finalización dos campionatos domésticos, final da Copa do Rei incluída, que se podería xogar o día cinco dese mes de agiosto. Todo isto, a expensas, lóxicamente, da evolución da pandemia. E sempre a porta pechada. Toda unha proba contra o reloxo que permitiría iniciar a vindeira temporada o 20 de setembro. Nos vindeiros días celebraranse máis xuntanzas. E haberá que coñecer a opinión dos futbolistas, obrigados a xogar quizáis cada 72 horas. E a dos adestradores, que non teñen claro que a volta do fútbol vaia ser nas mellores condicións. Óscar García, Fernando Vázquez e Curro Torres expresaron as súas dúbidas.Iso sí, todo apunta a un verán atípico, no que poderíamos coñecer os campións de liga e de Europa.

Noticias web

19/04/2020