A Liga anuncia que o Dépor-Fuenlabrada non se vai xogar
Publicado o 27/07/2020 15:46
A Liga proponlle ao Comité de Competición que o Elxe dispute un playoff que pretenden que comece o xoves
A Liga xa anunciou que o Deportivo-Fuenlabrada non se vai xogar, comunicándolle de paso á Federación que será o Elxe quen dispute un playoff que pretenden que comece este xoves. Agora queda por saber se Javier Tebas vai ser capaz de saír coa súa.
E mentres, unha semana despois, o Fuenlabrada segue confinado nun hotel da Coruña, agardando acontecementos. Tras as probas realizadas onte, o Sergas confirmou que hai 18 positivos na expedición madrileña. Faise moi complicado que o equipo madrileño poida xogar o partido que resta ou mesmo o playoff de ascenso a Primeira División.