Belarra di que a condena a Alberto Rodríguez é "unha mala noticia para a democracia"
Publicado o 08/10/2021 14:53
A líder de Podemos cre que a condena ao deputado da formación Alberto Fernández por propinarlle unha patada a un policía é unha mala noticia para a democracia.
Ione Belarra, secretaria xeral de Podemos e ministra de Dereitos Sociais: "Isto manda unha mensaxe terrible, que se te metes en Podemos ou es activista, podes ser condenado aínda que non haxa probas contra ti. É unha mala noticia para a democracia no noso país".
Tamén outros membros da formación se sumaron ás mensaxes de apoio a Rodríguez. Pablo Echenique compara a situación do exnúmero tres de Podemos coa do rei Xoán Carlos, e conclúe que a xustiza española "está ao servizo do poder" e "dá medo".