CRTVG

Buscar

A líder de Hong Kong volve pedir desculpas pero non retira a lei de extradición

Publicado o 18/06/2019 11:24
A líder de Hong Kong volve pedir desculpas pero non retira a lei de extradición

A xefa do Goberno de Hong Kong, Carrie Lam, pediu desculpas os seus cidadáns, pero non retirou definitivamente o polémico proxecto de lei de extradición que provocou multitudinarias protestas nos últimos días.

"Ofrezco as miñas sinceras desculpas á xente de Hong Kong. Asumo a miña grande parte de responsabilidade no conflicto creado", indicou a líder, quen xa pedira perdón o domingo a través dun comunicado tras unha marcha en que participaron máis dun millón de persoas en protesta pola suspensión temporal do proxecto e esixindo a súa retirada e a renuncia de Lam.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2019