CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A librería Lello é a xoia das tendas de libros en Europa

Publicado o 10/11/2017 15:23

Unha das librerías máis fermosas e coñecidas do mundo está en Portugal. É a librería Lello do Porto, onde coma sempre as filas para entrar enchen a rúa. Alberto Mancebo.

A librería Lello no Porto xa non é o lugar onde mercar libros coma hai anos, senón que é un atractivo a visitar máis nesta cidade en pleno apoxeo turístico. Hai quen a considera a librería máis bonita do mundo e foi a inspiración da escritora británica JK Rowling para describir algunhas estancias do colexio Hogwarts de Harry Potter. Precisamente esta é unha das mecas dos fans da serie de libros que fan fila durante case unha hora para poder entrar.

A principios do século XX a súa apertura foi todo un evento social, onde se gabaron os detalles da fachada modernista e neogótica e, como non, as súas inconfundibles escaleiras xa famosas en todo o mundo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí