A liberdade de movementos pola Noitevella nótase timidamente nas estradas e nas estacións
• Poderemos viaxar para ver a familia ata a noite do día 1
• Sanidade recomenda limitar os desprazamentos
O tráfico de coches nas estradas galegas comezou a aumentar xa ao mediodía deste mércores. A posibilidade de viaxar a calquera concello ou provincia ata o día 1, fan que moitos aproveiten para ir ver a familia.
Tamén se nota máis movemento nas estacións de autobuses ou de tren. En Santiago as frecuencias son as habituais de calquera día. Os trens de cercanías teñen o movemento normal. Onde máis se nota a afluencia de viaxeiros é nos percorridos de longa distancia, coma os trens que van a Madrid.
Galicia volve permitir a mobilidade para encontros familiares igual que en Noiteboa e Nadal. Desde hoxe os galegos podemos viaxar dentro da comunidade para xuntarse cos nosos.
Desde a pasada medianoite, todos os galegos poden circular libremente polo territorio, a mesma medida de Noiteboa e Nadal, días en que se dispararon os desprazamentos. Só é para visitar familiares e remata o día 1 ás once da noite, hora en que volverán activarse os peches perimetrais.
Hainos que xa aproveritan e comezan a moverse para xuntarse cos seus. Os peches perimetrais quedaron desactivados a pasada noite e os galegos podemos desprazarnos entre concellos e provincias. Aínda así, moitos non o van facer, prefiren gardar distancias e dar a benvida ao 2021 antepoñendo a saúde.
A mesma apertura produciuse os días de Noiteboa e Nadal, nos que o conselleiro de Sanidade salientou o comportamento impecable dos galegos. Comesaña insiste nos desprazamentos mínimos e que as celebracións sexan no ámbito estritamente familiar.
Os que viaxen para despedir o ano terán quer volver o día 1 antes das once da noite. A partir desta hora os peches perimetrais volven a activarse naqueles concellos en que xa estaban vixentes.
Primeiros desprazamentos
A diferenza doutros anos por estas datas, non hai unha gran afluencia de xente en estacións e aeroportos. A apertura da mobilidade para Noitevella e Aninovo comeza a notarse nas estacións, aínda que timidamente. Entre os usuarios de cercanías, visitas médicas, de traballo e algún que aproveitaba o levantamento do peche perimetral para visitar a familia.
Onde se notaba unha maior afluencia de viaxeiros era nos percorridos de longa distancia, coma no AVANT da Coruña cara a Madrid.
Cómpre lembrar que o rexistro de viaxeiros é obrigatorio para todos aqueles que cheguen de lugares cun nivel de incidencia igual ou superior a 250 casos por cada 100.000 habitantes. A última actualización do Sergas inclúe Madrid, Cataluña, Castela-A Mancha, Baleares, Valencia e Estremadura.