CRTVG

Buscar

A LFP e Tebas non respostan á petición de liga de 24 equipos

Publicado o 01/08/2020 21:04

A Federación Española propuxo o aumento de equipos para a próxima temporada

A tradicional locuacidade de Javier Tebas semella estar en horas baixas. 24 horas despois da proposta da Federación de ampliación da segunda, nin el nin o organismo que preside, a Liga de Fútbol Profesional, ofreceron resposta. Todo contrasta cos tempos nos que o preboste sacaba peito

Logo dos feitos de Riazor do pasado día 20, e coa batalla xudicial medrando exponencialmente, Tebas perdeu protagonismo polo conflito de intereses co Fuenlabrada, no que o seu fillo é a sesor. Pero non admitiu debate cando se lle falou da liga de 24.

Unha das escasas reacción das últimas horas foi a do cadro de xogadores do Elxe, ¡ndignado por non saber aínda se xoga o playoff ou non e esixindo unha solución inmediata. Ten sentido, no medio deste caos, no que nin sequera está claro quen tería o mando á hora de tomar unha decisión, se non hai acordo, sobre a ampliación, Hai discrepancias xurídicas sobre se a última palabra é da Federación, da Liga ou do Consello Superior de Deportes. Unha liga de 24 sería inédita en España pero non hai que ir moi lonxe para atopar unha. A segunda división inglesa ten esa cantidade de equipos e conta tamen cun playoff final.

Noticias web

01/08/2020