CRTVG

Buscar

A lexislación sobre patinetes eléctricos está en mans dos concellos mentres non haxa unha normativa estatal

Publicado o 06/08/2019 11:55

A aparición dos coñecidos patinetes eléctricos xa causou accidentes en varias cidades de España, como o do pasado 19 de xullo na Coruña, cunha muller ferida e un condutor fuxido. A normativa vixente é do 2016, máis neste ano quedou paralizado o borrador dun novo real decreto debido ao adianto electoral. Queda, apuntan os expertos, moito por aclarar.

Fernando Peña: "Agora mesmo, o único que hai é unha instrución da Dirección Xeral de Tráfico do ano 2016. Hai uns meses a DXT o que fixo é presentar un borrador de real decreto en que se reforman as normas básicas de tráfico no ámbito estatal e onde aparecen por primeira vez os patinetes eléctricos como vehículos".

Dentro desta nova lexislación incluíase a prohibición de que puidesen circular polas beirarrúas, limitación de velocidade entre 6 e 25 quilómetros e a obriga de posuír un certificado de circulación para a súa condución, entre outras novidades.

Fernándo Peña: "O borrador do real decreto o que fai é reducir a velocidade á que se pode circular pola cidade para permitir que estos novos vehíclos de mobilidade persoal podan convivir na calzada cos coches. Salvo circunstancias persoais e decisións expresas de concellos sobre beirarrúas concretas, os patinetes non poderían circular nunca pola beirarrúa".

Ata a formación dun novo goberno no estado, a lexislación queda en mans de cada municipio. Concellos como Vigo ou A Coruña xa traballan nunha nova normativa. Municipios como Madrid e Valencia xa posúen unha. O obxectivo, apunta a DXT, é ter unha normativa común para todos os concellos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2019