CRTVG

Buscar

A lei educativa de Celaá pasa o primeiro trámite no Congreso fronte ao rexeitamento de PP, Cs e Vox

Publicado o 17/06/2020 18:22

A maioría dos grupos da oposición no Congreso criticaron este mércores aspectos da reforma educativa defendida pola ministra Isabel Celaá, que se tramita cando está vixente o estado de alarma, pero o texto segue o seu curso tras rexeitarse as emendas totais de PP, Vox e Ciudadanos.

No primeiro exame no Parlamento da Lomloe ou lei Celaá, todos os partidos, excepto UPN, votaron en contra de devolver o texto ao Goberno, como pedían os tres partidos citados. A votación foi: non, 62 votos presentes e 133 telemáticos; e si, 52 votos presentes e 101 telemáticamente; cero abstencións.

A ministra defendeu a norma fronte ás tres emendas de devolución presentadas por PP, Vox e Ciudadanos, que cualifican a reforma de "ideolóxica". E tamén lle criticaron que estea centrada nisto e non na volta ás aulas en setembro. Celaá dixo que non apoiar esta lei implica avalar que se manteñan os recortes da actual lexislación. 

Noticias web

17/06/2020