CRTVG

Buscar

A lei de farmacias xubila o papagaio Tarzán, logo de 45 anos nunha farmacia

Publicado o 17/08/2019 17:10

A nova Lei de ordenación farmacéutica obriga a que unha farmacia da Coruña prescinda do papagaio que tiña nas súas dependencias e que era o máximo reclamo do negocio. Tarzán, como se chama a ave, levaba 45 anos neste despacho de medicamentos.

A Lei do 2 de xullo, de ordenación farmacéutica de Galicia establece que queda prohibida a entrada e permanencia de animais nas oficinas de farmacia, salvo nos casos de cans de asistencia. Deste xeito o papagaio Tarzán que levaba polo menos 45 anos nunha farmacia da rúa Honduras da Coruña tivo que abandonar a que foi a súa casa ata o de agora.

Veu embarcado, dende a Amazonia probablemente, trouxoo o cuñado de María del Carmen quen acaba de xubilarse da Farmacia de Javi, Tarzán, aínda que obrigado, din no establecemento, xubilouse con ela.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/08/2019