CRTVG

Buscar

A lectura dixital centra este mes as probas PISA para alumnos de 15 anos

Publicado o 16/04/2018 10:42
A lectura dixital centra este mes as probas PISA para alumnos de 15 anos

Preto de 40.000 alumnos de 15 anos de toda España participan, entre hoxe e o 31 de maio, nas probas do Programa Internacional para a Avaliación de Estudantes (PISA) que, na súa edición 2018, céntranse na competencia lectora na contorna dixital.

Valoraranse, ademais, as capacidades do alumnado para enfrontarse a asuntos globais e interculturais desde diferentes perspectivas, co fin de realizar accións polo ben común e o desenvolvemento sustentable, segundo explica o Instituto Nacional de Avaliación Educativa (INEE) do Ministerio de Educación con motivo da nova edición das probas PISA.

Cada tres anos, desde 2000, a OCDE leva a cabo estas probas PISA para coñecer o rendemento académico do alumnado en matemáticas, ciencias ou lectura (en cada edición ponse a énfase nunha delas), ademais doutras habilidades, e España participou sempre.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018