CRTVG

Buscar

Balance dunha erupción que non se detén: 7.000 evacuados e 2.146 edificacións arrasadas

Publicado o 25/10/2021 08:34

Cinco semanas de erupción, e o volcán está na súa máxima potencia. A lava xa arrasou máis de 900 hectáreas e 2.146 edificacións e obrigou sete mil veciños a marcharen das súas casas. 

A alta actividade eruptiva das últimas horas está ampliando os focos de atención. Esta é a última boca que se abriu, e está expulsando grandes cantidades de lava. 

Das dez coadas que hai nestes momentos preocupa a que esta fin de semana se abría na zona sur, que coincidiu ademais cun aumento da sismicidade.

Pero non é a única fronte aberta. A esperanza do comité científico é que esa coada se acabe unindo a outra anterior e non ocasione danos, só materiais, porque esa zona xa foi das primeiras evacuadas na illa. Confían en que a abundante acumulación de cinsa desacelere o avance desa coada. 

Esta fin de semana xa comezaron a funcionar as dúas desalgadoras portátiles instaladas en Porto Naos. Nas primeiras probas xa lograron inxectar 740 metros cúbicos de auga por hora. Nos próximos días poderán empezar a regar as parcelas illadas polas coadas. 

 

Noticias web

25/10/2021