CRTVG

Buscar

A lava do volcán Cumbre Vieja obriga a evacuar outras 400 persoas

Publicado o 17/10/2021 14:30

A madrugada deste domingo tampouco foi fácil para os especialistas da Unidade Militar de Emerxencias e para os científicos que monitorizan constantemente a actividade do volcán Cumbre Vieja.

A UME recibirá nas próximas horas máis persoal para manter a vixilancia do volcán, retirar cinza e axudar as máis de sete mil persoas evacuadas desde o comezo da erupción.

A lava segue saíndo en grandes cantidades dos conos abertos no volcán. As dúas coadas do sueste diminuíron a gran velocidade coa que avanzaban inicialmente, pero aínda así están xa a uns trescentos metros do mar.

A lava arrasou nas últimas horas varias edificiacións, entre elas un supermercado, un campo do fútbol e varias casas, o que obrigou a desaloxar preventivamente catrocentas persoas máis.

Aínda que o aeroporto da Palma segue tecnicamente aberto, a maior parte das aeroliñas cancelaron os seus voos tras o cambio dos ventos, que arrastran á zona moitas cinzas procedentes do volcán.

Por outro lado, a sismicidade segue sendo forte, ata o punto de que só nesta noite rexistráronse 42 sismos, algúns deles superiores aos catro graos e claramente perceptibles polos habitantes da Palma.

Noticias web

17/10/2021