CRTVG

Buscar

A lava do Cumbre Vieja arrasa sen piedade o barrio de La Laguna

Publicado o 21/10/2021 20:56

O Cumbre Vieja non dá tregua e aumenta a devastación na illa da Palma. Unha das coadas entrou sen piedade en La Laguna e arrasou xa vivendas, negocios, o colexio e a gasolineira da vila.

Os técnicos monitorizan en todo momento o rumbo que pode coller a lava e ordenaron evacuar cinco barrios do municipio de Tazacorte, máis preto da costa, ante a posibilidade de que se desvíe cara alí.

Preto do cono principal do volcán, efectivos da UME recollen mostras do magma para analizar a súa composición e temperatura.

Estes datos son fundamentais para coñecer o comportamento do volcán e indican que está en plena actividade e que seguirá expulsando lava e cinsas aínda por un tempo.

Para a desesperación cidadá, as previsións anuncian chuvias, e as autoridades advirten que haberá inundacións e que o peso da cinsa mollada pode afundir edificios.

 

Noticias web

21/10/2021