A Lagoa de Louro, na prensa de Alemaña como destino con distancia social
Como tesouro escondido, outro recuncho galego espertando de novo o apetito do viaxeiro internacional.
O Frankfurter Allgemeine, xornal de referencia en Alemaña, recomenda esta zona como destino para unhas vacacións con distanciamento social, algo que non sorprende aos que viven a pé de tan cosmopolita praia.
"Esta é zona de alemáns e holandeses".
Agardando polos que veñan, Alberto está a preparar a montaxe do chiringuito, Pablo fai reparacións nos apartamentos de alugueiro. A zona da lagoa de Louro prepárase toda para a incógnita deste peculiar verán.
"Penso que este ano virán máis estranxeiros".
"Creo que este ano será un turismo máis nacional".
No texto do xornal, entre tanta palabra alemá, destaca un topónimo en perfecto galego. E no lugar do nome hai un cartel en tres idiomas, ningún alemán. Tal vez sexa cuestión de tempo.