CRTVG

Buscar

A lagoa das Pontes, a maior área restaurada de minería de España

Publicado o 30/07/2019 16:01

De explotación mineira a lagoa viva. É unha das iconas da vila, permite a realización de múltiples actividades que lle dan ás Pontes unha personalidade carismática, de equidade entre natureza e industria, de ocio na auga, de tempo libre, de relax...

É a maior área restaurada de minería de España. Un lago e dúas illas na súa superficie. O que no pasado foi vertedoiro, hoxe é un ecosistema en transformación permanente, onde conviven zonas de pradeiras, matogueiras e humidais, con máis de 180 especies de animais diferentes.

Flora e fauna no centro e tamén unha praia na zona máis externa. Unha media lúa de area grosa cun ancho de 38 metros e unha lonxitude de 430 que fan das Pontes un lugar por descubrir.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/07/2019