CRTVG

Buscar

A Koeman encantaríalle contar con Messi, pero tamén falará con el

Publicado o 19/08/2020 18:50

O holandés Ronald Koeman asegurou que confía en que Leo Messi siga capitaneando o equipo e poida así xogar ás súas ordes.

"Encantaríame traballar con Messi, porque Messi gáñache partidos. É o mellor do mundo e quérelo ter no teu equipo, non no equipo contrario", afirmou nunha conferencia de prensa que se celebrou no Auditorio 1899 do Camp Nou.

En calquera caso, Koeman dixo que descoñece se o astro arxentino quere marchar do Barcelona.

"Non sei se teño que convencer a Messi. Se quere quedar, eu estarei contentísimo, pero aínda queda un ano de contrato, así que é xogador do Barça", apuntou.

 

 

 

Noticias web

19/08/2020