CRTVG

Buscar

A Junta de Estremadura cualifica de "ineptos" os responsables de Renfe

Publicado o 03/01/2019 08:15

Tres avarías consecutivas no mesmo traxecto e 160 pasaxeiros esperando por un transbordo que se atrasa, no medio do campo, sen luz e sen calefacción. Dúas circunstancias que fixeron que os responsables da Xunta de Estremadura non dubidasen en cualificar de "ineptos" os responsables de Renfe.

José González, o directos xeral de Transportes de Junta de Estremadura, considera que "son uns inútiles que non son capaces de xestionar adecuadamente una avaría. Non vou falar da avaría. Estou falando da xestión que se fixo da avaría. Imos ter en conta que tren saíu xa tocado de Mérida".

Mentres, o director xeral de pasaxeiros de Renfe, Ramón Azauara, argumenta que "o tren sufriu dúas incidencias, ou dúas avarías de material consecutivo que levou a que o atraso en chegar ao destino fose considerable". Explica que esas dúas avarías foron xa nun tren de reserva porque a máquina inicial tamén sufrira antes un problema técnico. Renfe pídelles desculpas aos pasaxeiros e anuncia unha investigación polas deficiencias mecánicas e outra pola xestión dos protocolos para resolver a incidencia.

Desde o goberno presidido por Fernández Vara pídenlle explicacións ao goberno de Sánchez e dinlle a Renfe que se retire de Estremadura se non é quen de garantir a seguridade dos viaxeiros.

Noticias web

03/01/2019