A Xunta de Andalucía ordena o peche perimetral de Granada
Publicado o 24/10/2020 00:13

Andalucía ordena o peche perimetral de Granada e a súa área metropolitana a partir do luns. A medida apareceu publicada esta media noite no Boletín Oficial da Xunta de Andalucía. A medida adóptase logo de que este venres a taxa de incidencia acumulada chegara en Granada capital a 977 casos por cen mil habitantes. Amais, a presión hospitalaria segue aumentando.
O peche estará en vigor durante 14 días e poderá revisarse dependendo da evolución epidemiolóxica.