A irmá do presidente andaluz obtivo unha praza con menos puntuación que outra candidata, segundo El Pais
Publicado o 14/08/2019 14:42

El País publicou hoxe que a irmá do presidente andaluz, o popular Juanma Moreno, obtivo a praza de directora nun conservatorio público con menos puntos que outra aspirante. Unha das participantes impugnou o proceso por suposto enchufismo. Inspección Educativa manifesta que tivo en conta outras fontes de valoración máis alá da antigüidade e os méritos. A oposición pide explicacións.