A inxección de plasma hiperinmune, unha das terapias que podería funcionar contra o coronavirus
Na busca de posibles terapias para superar o coronavirus, unha delas é a inxección de plasma hiperinmune. En Italia mostrouse xa como un tratamento eficaz.
Chegan novas esperanzadoras dos hospitais da Lombardía, onde
utilizaron o plasma de persoas curadas de coronavirus para mellorar a
situación doutros cen pacientes polo menos.
O plasma contería os anticorpos que desenvolverían os que superaron
a enfermidade e polo momento os resultados son positivos.
Conseguiron frear o avance do virus e mesmo curar algúns pacientes que
aseguran que síntomas como a tose ou a febre desapareceron ao pouco de
iniciar a terapia. De feito, nun dos hospitais onde traballan con este
tratamento aseguran que non morreu ninguén dentro da súa estructura no
último mes.
Iso si: os médicos din que non funcionou nos pacientes con órganos
demasiado danados. Esta sería a única condición para que a terapia teña
efecto.
Non é un tratamento novo. Na China xa o usaron para combater o virus e
tamén o usaron contra o ébola ou o SARS.