CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

A investigadora África González, candidata aos Premios Europeos de Mulleres Innovadoras

Publicado o 21/02/2017 21:26

Unha científica galega é unha das nove candidatas aos Premios Europeos de Mulleres Innovadoras. Está na elite polo éxito da empresa que fundou, e que poucos anos conseguiu vender os seus produtos en máis de 45 países.

É unha das mellores e máis brillantes investigadoras que ten a Universidade de Vigo. África González pode engadir un novo recoñecemento internacional. É finalista aos Premios Europeos de Mulleres Innovadoras onde compite con outras oito mulleres.

Para ela xa é un gran recoñecemento ao traballo realizado, que unha idea empresarial sexa recoñecida a nivel euopeo. Nanoinmmunotecht está implantada en tres cidades españolas e vende os seus produtos a máis de 45 países.

Na actualidade Nanoinmmunotecht traballa en varias liñas de actuación: na deteción de pequenas trazas de elementos, na mediciña xenerativa e no deseño de nanomateriais.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

21/02/2017