CRTVG

Buscar

A intensidade da borrasca Fabien empeora o sábado pola tarde

Publicado o 21/12/2019 14:42

Chegamos ó final da semana co temporal máis gordo en Galicia. O peor agárdase para esta tarde. Os números dan boa conta: as ondas poden acadar os nove metros e os refachos superar os cento cincuenta quilómetros por hora. Raquel Rosa, en Malpica. Chega o peor do temporal. A tarde vai ser complicada e o peor de Fabien vai vir nas vindeiras horas, pero os fortes refachos de vento xa se notaron, especialmente no litoral do país. Superaron xa os 166 en quilómetros por hora e van soprar con forza en todas as provincias galegas. Hai alerta vermella nas de Coruña, Lugo e Pontevedra. O vento e as ondas son a principal ameaza na costa, pero tamén hai avisos laranza no interior do país.

Noticias web

21/12/2019

Máis sobre Malpica de Bergantiños