CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A intelixencia emocional é fundamental no eido laboral e no ensino

Publicado o 09/10/2014 15:02




Fóra mitos. Todo aquilo de que nos negocios e no traballo hai que ter a cabeza fría, non pensar co corazón.... Trapalladas. Resulta que coñecer e xestionar ben as emocións é fundamental para garantir o éxito nos eidos laboral e educativo. No mundo da empresa, por exemplo, cómpre estar atento aos sentimentos para conseguir unha maior produtividade.
Isto é o que recomenda o especialista en intelixencia emocional David Caruso, que está estes días en Galicia invitado pola Fundación Barrié.

Prestar atención aos sentimentos, aos propios e tamén aos dos demais, facilita as relacións persoais e tamén as laborais.
As últimas investigacións desterran a idea de que nos negocios hai que afastar as emocións. Ao revés, é preciso telas en conta para garantir unha maior produtividade.
Iso é o que explicou o especialista en intelixencia emocional David Caruso, profesor na Universidade de Yale, no relatorio que impartiu na facultade de psicoloxía de Santiago.
Di que está clarísmo que hai resultados en empresas nas que se mellora moitísimo a optimización a través da intelixencia emocional. Mellora, insiste, o liderato e o traballo en equipo.
A intelixencia emocional debe, segundo os expertos, adestrarse desde a nenez. Por iso, o labor dos profesores é moi importante.
Segundo aseguran, prestarlle atención ás emocións reduce a frustración e axuda a que sexamos máis felices.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí