CRTVG

Buscar

A instalacións de cámaras de seguridade nunha casa incomodan os veciños dunha aldea de Carballo

Publicado o 23/09/2019 16:00

A convivencia entre as cámaras de videovixilancia e os veciños, ás veces, poden xerar malestar e malos entendidos porque hai quen pode sentir que se lle está privando da súa intimidade.

Un exemplo conflitivo atopámolo na Rachola, unha aldea de Carballo. Aquí, un veciño denunciou a instalación de dúas cámaras de videovixilancia nesta vivenda por, segundo di, sentirse acosado.

"Instalaron aí dúas cámaras. Unha grávanos pola parte de arrriba, na nosa propiedade, e outra grávanos toda a entrada. Todiña. Sendo isto un acoso e xa está denunciado no xulgado e na Garda Civil".

Jesusa Remuiñán di que estas cámaras son legais: "Esas cámaras están totalmente legais. Enfocan a miña propiedade, as outras non se ven para nada. Non vou contar aquí o que enfocan e o que non, porque se non coaríanseme outra vez".

Este equipo da Televisión de Galicia puido entrar na casa en que están instaladas as dúas cámaras de seguridade e comprobar que ningunha delas grava propiedades privadas.


 

Noticias web

23/09/2019