CRTVG

Buscar

A inmensa maioría dos citados para a segunda dose da vacina en Lugo prefiren AstraZeneca

Publicado o 30/05/2021 14:39

"Pola mesma que puxen a primeira vez, AstraZeneca".

"Optei por AstraZeneca, que foi a primeira dose que puxen".


É a opción maioritaria entre os citados para pór a segunda dose da vacina en Lugo.

"Por AstraZeneca porque me inspira maior confianza un estudo cun volume de xente máis amplo que o que se fixo en España con catrocentas persoas".

Unha elección que teñen moi clara.

"Porque é a recomendada pola Axencia do Medicamento, pola Organización Mundial da Saúde, porque é o que di a ficha técnica da vacina e porque hai cinco millóns vacinados coa segunda dose de AstraZeneca e con Pfizer ao fin e o cabo foi un estudo".

"Confío en que non se deben de mezclar. Ademais, hai un pouco de contradición entre a OMS, que si que recomenda a segunda dose, e o Goberno, que di que non , e eu confío máis na OMS".

Obrigatorio presentar un consentimento informado coa dose de vacina elexida.

"Era obrigatorio asinalo tanto para unha coma para outra". 

"Moita información. Uns din unha cousa, outros outra e vas mirando e ao final non sabes que facer".

"Teño a sensación de que nos toman o pelo con tanto cambio de criterio de a quen se ten que administrar".

"É bastante inxusto porque a responsabilidade médica ten que ser dos médicos".
Complicada elección, que afecta a 1.500 persoas en toda a provincia lucense.


 

Noticias web

30/05/2021