CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

A iniciativa de Oasis Monte Alto une artistas e veciñanza para dinamizar os barrios

Publicado o 23/04/2018 14:30

Hoxe achegámonos a unha iniciativa que cada vez dinamiza máis a vida dos barrios. O colectivo Oasis Monte Alto da Coruña xuntou artistas e veciñanza para compartir arte nas rúas e moito máis.

Non se dubida de que a vida dunha cidade, dunha aldea, pasa por implicar a xente que as habita. A paisaxe, a arte e as historias de cada día impulsan unha nova función. En Monte Alto, un barrio popular da Coruña, sábeno.

O autor da idea, o colectivo Oasis Monte Alto, puxo en acción un mural comunitario, vestixios que nunca se perden, agora máis vivos ca nunca, nas escaleiras de Adelaida Muro.

Artistas e veciños comparten experiencias e creatividade.

Queren que a festa e a arte se unan en novos proxectos que lle dean vida á vida.