CRTVG

Buscar

A inflación sobe ao 3,3 % en agosto polo encarecemento da electricidade

Publicado o 30/08/2021 09:06
A inflación sobe ao 3,3 % en agosto polo encarecemento da electricidade
EFE

O índice de prezos de consumo (IPC) repuntou en agosto ata o 3,3 % interanual a consecuencia do encarecemento dos prezos da electricidade, de acordo co indicador adiantado publicado este luns polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Este indicador proporciona un avance do IPC que, en caso de confirmarse, suporía un aumento de catro décimas respecto da taxa interanual rexistrada en xullo (2,9 %) e sumaría o sexto mes consecutivo á alza da inflación.

Pola súa banda, a taxa de variación anual estimada da inflación subxacente (sen alimentos non elaborados nin produtos enerxéticos) aumentou unha décima, ata o 0,7 %, co que se sitúa máis de dous puntos e medio por baixo do IPC xeral.

Noticias web

30/08/2021