CRTVG

Buscar

A inflación sitúase no 4,2% tras seis meses de goberno de Macri

Publicado o 16/06/2016 13:20

Trátase do primeiro dato oficial, logo de que o Goberno quixera reestruturar a entidade encargada de difundir este índice

O primeiro dato oficial de inflación da xestión de Mauricio Macri na Arxentina sitúouse no 4,2% no mes de maio, segundo o Instituto Nacional de Estatísticas e Censos, despois de 6 meses en branco. 

Nada máis chegar á Casa Rosada, o novo Goberno declarou a urxencia estatística para sanear a intervención e adulteración que, segundo eles, levou adiante o kirchnerismo.

"Dejamos atrás casi 9 años en que se destruyó la confianza pública y a esta institución". 

Os datos, que se refiren a Bos Aires e á súa área metropolitana, reflicten un maior impacto no prezo dos alimentos, pero tamén en servizos como a auga, o combustible e o transporte público.

O Indec traballa xa nun índice nacional. 

Este dato do IPC chega en pleno inicio do segundo semestre de Mauricio Macri á fronte do Goberno arxentino. Unha etapa para a que o mandatario promulgou en varias ocasións que a inflación baixará drasticamente. Pero a cidadanía hoxe segue a estar pendente do diñeiro en metálico.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/06/2016