CRTVG

Buscar

A inflación arxentina, das máis altas do mundo

Publicado o 15/11/2019 08:16

Na Arxentina, a inflación creceu aínda máis en outubro e permanece coma unha das máis altas do mundo.

Despois dunhas semanas máis tranquilas do esperado tras as eleccións, os arxentinos seguen a sufrir os efectos da crise económica. A inflación volveu subir no mes de outubro e permanece como unha das máis altas do mundo, nun país con case un 40 % da súa poboación por debaixo da liña da pobreza.

A inflación non dá un respiro aos arxentinos. Os prezos creceron un 3,3 % no mes de outubro, unha subida menor ca no mes anterior, pero que evidencia a grave crise económica que atravesa o país austral.

Esta taxa de inflación, que aumentou un 50,5 % a nivel interanual, ten consecuencias moi evidentes no día a día dos arxentinos.

"Hai distorsión de prezos. Nun lugar está o 10 % o máis caro ca noutros".

A pesar do futuro cambio de Goberno, moitos cidadáns cren que a situación aínda pode empeorar.

"Como imos, cada vez peor, vaia. Non sei, cada vez peor".

Segundo datos do Banco Central, a inflación cerrará este ano coa porcentaxe máis alta dende 1991.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/11/2019