A industria viguesa volve o luns con máis de 45.000 traballadores
Publicado o 09/04/2020 14:23
O 80% dos traballadores da industria naval, marítima, aeronáutica e de estruturas metálicas de Vigo e a súa contorna incorporaranse de xeito paulatino a partir do luns. Serán unhas 45.000 persoas. A construción tamén retoma a súa actividade.
A día de hoxe hai existencias e as empresas teñen a capacidade para traballar tres semanas máis. Reactivarase a recepción de equipos de protección individual porque para as empresas o primordial é a saúde e seguridade dos traballadores. A industria é un sector determinante en Vigo e vai reactivar a economía.
A maior parte da automoción seguirá en corentena á espera da reanudación de PSA Vigo prevista para o 20 de abril.