CRTVG

Buscar

A industria téxtil galega elabora batas para os sanitarios

Publicado o 06/04/2020 15:28

A proposta foi do Clúster Téxtil de Galicia e varias empresas responderon. A primeira limitacion foi o tecido, que finalmente achegou a firma Roberto Verino. Trinta mil metros de tea para a elaboración das batas e os patróns que validou o Sergas. Para a fase de corte, Selmark, que neste momento aplica un expediente de regulacion temporal de emprego, fixo un chamamento aos traballadores, que responderon masivamente.

Doce traballadoras en quendas de horas ocúpanse do corte das pezas para as batas, Eva é unha das voluntarias.

Despois do corte, virá a terceira fase. Confecciones Hortensia e Carmen Vázquez rematarán a confección final das pezas. Nove mil batas que seguro farán bo avío nos hospitais galegos.

Noticias web

06/04/2020