CRTVG

Buscar

A industria sofre a nova tarifa eléctrica con subas de ata o 40 por cento

Publicado o 21/06/2021 16:22

Os cambios na factura eléctrica teñen un impacto directo en toda a industria galega. No sector naval, por exemplo, o incremento dos custos eléctricos xa supón máis do 6 por cento do gasto anual das empresas. 

Son sobre todo de empresas da automoción, aeronáutica, tamén estaleiros ou fundicións onde o alto consumo de electricidade fai que esta suba repercuta de xeito moi importante nos seus custos. Aínda que a casuística é variada dependendo do tipo de contrato, o certo é que esta industria pode ver incrementado o seus gasto eléctrico entre un 20 e un 40 por cento.

Din desde o sector que esta suba lastra a súa competitividade. Afecta máis de tres mil empresas do sector do metal que consomen nas horas consideradas punta co novo sistema de tarificación e teñen unha necesidade enerxética maior. Algunhas empresas comezaron unha negociación en bloque coas comercializadoras para amortecer o impacto.

Representan o 20 por cento do PIB galego, as empresas do metal denuncian que os cambios na factura eléctrica non lles permite competir con outros países onde os prezos da electricidade son máis accesibles e estables.

 

Noticias web

21/06/2021